Saltar al contenido

Ordenación de usos e instrumentos de planificación no rural

Obxetivos da mesa

A ordenación dos usos agrogandeiros e forestais materialízase na práctica mediante un intrincado marco lexislativo, en moitas ocasións difícil de entender. A isto engádese a continuación modificación desta normativa, o que incrementa se cabe a complexidade da regulación e crea inestabilidade xurídica. A necesidade da ordenación dos usos agrarios e do territorio rural ten sido reclamada a través de diferentes iniciativas e recolleuse no ditame da comisión parlamentaria que estudou a vaga de lumes de 2017. Todas estas iniciativas recoñecen a importancia da planificación dos usos do solo rústico para proporcionar seguridade xurídica e incrementar a eficiencia e rendibilidade do desenvolvemento destas actividades, así como para permitir un territorio xestionado de forma activa e resiliente aos incendios.

Por todo o anterior, esta mesa de traballo debaterá e buscará respostas ás seguintes cuestións:

  • Con que criterios deben ordenarse os usos agropecuarios e forestais?
  • Que análise ou procedementos deben aplicarse?
  • Que instrumentos son os acaídos? Como se poden mellorar?
  • Que eivas normativas existen? Como se poden emendar?
  • Que desenvolvementos positivos é preciso apoiar?
  • Que prácticas é necesario evitar?
  • Como se pode materializar a planificación integral do territorio rural? Que aspectos debería incluír esta planificación?

Documentos da mesa

Entidade coordinadora

Persoas integrantes da mesa de traballoOrdenación de usos e instrumentos de planificación no rural

NomeApelidoEntidade
ManuelBorobioABTEMA
JavierCaínzos VázquezConcello de Curtis
María LuisaChas AmilUSC (Universidad de Santiago de Compostela)
XoseConstela VegaUdVigo
XoséCoveloAFG
EmilioDíaz VarelaUSC (Universidad de Santiago de Compostela)
ValerioGonzález SomozaEido Arquitectura
RicardoDirección Xeral de Urbanismo
AngelesSantosUDC (Universidade da Coruña)
Francisco JavierSanz LarrugaUDC (Universidade da Coruña)
SergioVázquezClúster da Biomasa de Galicia
QuiqueSeoane
EduardoCorbelleUSC (Universidad de Santiago de Compostela)
FranGarcíaFJdV (Fundación Juana de Vega)
VanessaLoureiroFund. Roberto Rivas
AlberteGonzález RodríguezGabinete de Arquitectura e Urbanismo GAU
XavierSimón FernándezUniversidade de Vigo
MargaritaLópez PenaAsociación Forestal de Galicia

Novas relacionadas

As mesas de traballo do Foro Territorio Rural Resiliente trasládanse a Lugo para deseñar un rural máis produtivo e protexido fronte aos lumes

Os encontros organizados polo Laboratorio do Territorio na sede do IBADER da USC apostan polo «catálogo de solos agropecuarios e forestais» para a ordenación de usos e por novas fó…

Expertos analizan en Lugo a ordenación de usos do territorio na segunda mesa do Foro Territorio Rural Resiliente

O encontro, celebrado no IBADER–Campus Terra, forma parte dun proceso impulsado desde a sociedade civil galega para mellorar a xestión do rural e avanzar cara a un territorio máis …

Estratexias para un rural resiliente: expertos analizan en Galicia o futuro da xestión do territorio

Un proceso participativo en fasesAs mesas de traballo constitúen o núcleo deste proceso. En cada unha delas participarán arredor de 15 a 20 persoas expertas e representantes de dis…