Saltar al contenido

Últimas novas

O Foro Territorio Rural Resiliente activa un gran pacto de país para blindar o futuro da Galicia rural

O encontro reúne na Cidade da Cultura a máis de 230 persoas do tecido social, económico, institucional e político arredor dun plan de acción inmediato. Os resul…

O Foro Territorio Rural Resiliente impulsa un debate colectivo para blindar Galicia fronte aos lumes

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026 | O Salón Reitoral do Colexio de San Xerome acolleu esta mañá a presentación oficial do Foro Territorio Rural Resilie…

As mesas de traballo do Foro Territorio Rural Resiliente trasládanse a Lugo para deseñar un rural máis produtivo e protexido fronte aos lumes

Os encontros organizados polo Laboratorio do Territorio na sede do IBADER da USC apostan polo «catálogo de solos agropecuarios e forestais» para a ordenación de…

28 de Maio

Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

O fin último do Foro Territorio Rural Resiliente é contribuír a un territorio rural máis activo, resiliente ao lume e preparado para afrontar os retos económicos, demográficos, climáticos e ambientais, a través da mellora da ordenación e xestión territorial. 

O territorio galego ten mudado de xeito drástico no último medio século. Un proceso caracterizado pola polarización, a especialización e o abandono de amplas zonas do rural.  

Visión estratéxica do territorio rural

Cal é a visión estratéxica para o noso territorio e o modelo territorial obxectivo?  Que funcións priorizamos e como encaixan coa resiliencia territorial: soberanía alimentaria, produción biomásica, paisaxe, biodiversidade, loita contra o cambio climático, enerxía?

Ordenación de usos e instrumentos de planificación no rural

Con que criterios deben ordenarse os usos agropecuarios e forestais? Que instrumentos son os acaídos?  Que eivas normativas existen? Como se poden emendar?  Como se pode materializar a planificación integral do territorio rural? 

Mobilización e xestión activa do espazo agroforestal

Como dinamizamos a xestión activa do espazo agroforestal? Que accións son necesarias para dinamizar o acceso á terra? Que factores son críticos para a instalación de novas actividades agrogandeiras?

Persoas, poboación e actividades no rural

Como abordamos as condicións necesarias para atraer persoas e impulsar actividades de xestión activa do territorio rural (acceso á vivenda, mobilidade, servizos básicos…)? Como impulsamos a remuda xeracional agrogandeira?

Gobernanza, cooperación público-privada para a ordenación territorial

Como se poden acada consensos e co-responsabilidades tanto do sector privado como do público, e da sociedade no seu conxunto, para acadar un territorio rural activo e resiliente? Que experiencias inspiradoras e modelos de cooperación existen ou poden implantarse?

Comunicación e
concienciación social

Cal é a percepción social das dinámicas e retos do territorio rural? Cal é o rol da comunicación na construción dun territorio rural resiliente? Como se pode aumentar a concienciación social sobre a necesidade dun territorio rural resiliente?

Participa no foro

Participa no Futuro de Galicia