Saltar al contenido

Alianza para un Territorio Rural Resiliente

Rede aberta de colaboración para a ordenación territorial e a xestión activa do espazo agroforestal galego 

A Alianza para un Territorio Rural Resiliente é unha rede aberta e inclusiva de persoas, entidades, profesionais, administracións, organizacións territoriais, centros de coñecemento e iniciativas privadas que comparten a necesidade de avanzar cara a unha ordenación e xestión máis activa, sostible e corresponsable do territorio rural galego.  

As persoas, entidades, organizacións e institucións adherentes á Alianza manifestan a súa vontade de establecer un marco de colaboración estable e operativo para contribuír á ordenación territorial e á xestión activa do espazo agroforestal en Galicia

Os resultados do proceso desenvolto no Foro Territorio Rural Resiliente (Informe final Foro) constitúen a proposta de bases da Alianza para un Territorio Rural Resiliente (Documento Alianza).