Persoas, poboación e actividades no rural
Obxetivos da mesa
Nesta mesa promoverase unha reflexión compartida sobre o rural galego poñendo o foco na remuda xeracional agrogandeira como base para garantir a principal actividade de xestión activa do territorio, sen perder de vista as dimensións clave que condicionan a retención e atracción de poboación, como o acceso á vivenda, a mobilidade e a dispoñibilidade de servizos básicos.

Por todo o anterior, esta mesa de traballo debaterá e buscará respostas ás seguintes cuestións:
- Como atraemos e mantemos persoas que habiten e xestionen o territorio rural?
- Como impulsamos a remuda xeracional agrogandeira?
- Como abordamos as condicións necesarias para atraer persoas e impulsar actividades de xestión activa do territorio rural (acceso á vivenda, mobilidade, servizos básicos…)?
- Qué actividades económicas poden contribuír ou son necesarias para a dinamización do territorio rural?
Documentos
Novas relacionadas
Silleda acolle unha mesa clave do Foro Territorio Rural Resiliente sobre poboación e actividade no rural
O proceso de traballo culminará o 28 de maio en Santiago co Foro Territorio Rural Resiliente. Silled…
Estratexias para un rural resiliente: expertos analizan en Galicia o futuro da xestión do territorio
Un proceso participativo en fasesAs mesas de traballo constitúen o núcleo deste proceso. En cada unh…
