Mobilización e xestión activa do espazo agroforestal
Obxetivos da mesa
Esta mesa reflexionará sobre as vías para acadar a mobilización e xestión activa das terras no eido agrogandeiro e forestal, abordando a situación actual, os enfoques e ferramentas dispoñibles, as súas principais eivas e, especialmente, os camiños para melloralas co fin de avanzar cara a un territorio activo e resiliente.

Por todo o anterior, esta mesa de traballo debaterá e buscará respostas ás seguintes cuestións:
- Como dinamizamos a xestión activa do espazo agroforestal?
- Que accións son necesarias para dinamizar o acceso á terra?
- Que factores son críticos para a instalación de novas actividades agrogandeiras?
- Que instrumentos existentes se poden aplicar? Como se poden mellorar estes instrumentos?
- Que novos instrumentos se poderían desenvolver? Que experiencias inspiradoras hai?
- Que incentivos se poderían implantar?
Documentos
Novas relacionadas
Expertos analizan en Lugo a ordenación de usos do territorio na segunda mesa do Foro Territorio Rural Resiliente
O encontro, celebrado no IBADER–Campus Terra, forma parte dun proceso impulsado desde a sociedade ci…
Estratexias para un rural resiliente: expertos analizan en Galicia o futuro da xestión do territorio
Un proceso participativo en fasesAs mesas de traballo constitúen o núcleo deste proceso. En cada unh…
