Saltar al contenido

Últimas novas

Silleda acolle unha mesa clave do Foro Territorio Rural Resiliente sobre poboación e actividade no rural

O proceso de traballo culminará o 28 de maio en Santiago co Foro Territorio Rural Resiliente. Silleda, 19 de marzo de 2026 | Os retos demográficos e o papel da …

Especialistas analizan en Santiago a gobernanza e a cooperación público-privada para mellorar a ordenación do territorio rural

A mesa de traballo celebrada na sede da Fundación RIA forma parte do proceso preparatorio do Foro Territorio Rural Resiliente, que reunirá en maio en Santiago p…

Especialistas analizan en Lugo como impulsar a mobilización e a xestión activa do espazo agroforestal en Galicia

A mesa de traballo coordinada polo Laboratorio do Territorio do Campus Terra forma parte do proceso preparatorio do Foro Territorio Rural Resiliente, que reunir…

28 de Maio

Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

O fin último do Foro Territorio Rural Resiliente é contribuír a un territorio rural máis activo, resiliente ao lume e preparado para afrontar os retos económicos, demográficos, climáticos e ambientais, a través da mellora da ordenación e xestión territorial. 

O territorio galego ten mudado de xeito drástico no último medio século. Un proceso caracterizado pola polarización, a especialización e o abandono de amplas zonas do rural.  

Visión estratéxica do territorio rural

Cal é a visión estratéxica para o noso territorio e o modelo territorial obxectivo?  Que funcións priorizamos e como encaixan coa resiliencia territorial: soberanía alimentaria, produción biomásica, paisaxe, biodiversidade, loita contra o cambio climático, enerxía?

Ordenación de usos e instrumentos de planificación no rural

Con que criterios deben ordenarse os usos agropecuarios e forestais? Que instrumentos son os acaídos?  Que eivas normativas existen? Como se poden emendar?  Como se pode materializar a planificación integral do territorio rural? 

Mobilización e xestión activa do espazo agroforestal

Como dinamizamos a xestión activa do espazo agroforestal? Que accións son necesarias para dinamizar o acceso á terra? Que factores son críticos para a instalación de novas actividades agrogandeiras?

Persoas, poboación e actividades no rural

Como abordamos as condicións necesarias para atraer persoas e impulsar actividades de xestión activa do territorio rural (acceso á vivenda, mobilidade, servizos básicos…)? Como impulsamos a remuda xeracional agrogandeira?

Gobernanza, cooperación público-privada para a ordenación territorial

Como se poden acada consensos e co-responsabilidades tanto do sector privado como do público, e da sociedade no seu conxunto, para acadar un territorio rural activo e resiliente? Que experiencias inspiradoras e modelos de cooperación existen ou poden implantarse?

Comunicación e
concienciación social

Cal é a percepción social das dinámicas e retos do territorio rural? Cal é o rol da comunicación na construción dun territorio rural resiliente? Como se pode aumentar a concienciación social sobre a necesidade dun territorio rural resiliente?

Participa no foro

Participa no Futuro de Galicia