Comunicación e concienciación social
Obxetivos da mesa
A mesa ten como obxectivo reflexionar sobre o rol da comunicación na percepción social das dinámicas e retos territoriais, analizar os discursos existentes sobre o rural e as súas dimensións ambiental, social e económica, así como explorar como dende a comunicación se pode contribuír a unha visión máis consciente das escollas territoriais e o seu impacto no futuro da sociedade galega.

Por todo o anterior, esta mesa de traballo debaterá e buscará respostas ás seguintes cuestións:
- Cal é a percepción social das dinámicas e retos do territorio rural?
- Cal é o rol da comunicación na construción dun territorio rural resiliente?
- Como se pode aumentar a concienciación social sobre a necesidade dun territorio rural resiliente?
- Cal é a importancia do discurso e da percepción social? Cales son os retos percibidos?
Documentos da mesa
Persoas integrantes da mesa de traballo – Comunicación e concienciación social
| Nome | Apelido | Entidade |
| Xiana | Albor | Comunicadora ambiental |
| María | Cedrón | ‘Somos Agro’ – La Voz de Galicia |
| Pepe | Coira | Produtor e guionista |
| Manuel | Cruz | ‘O Agro’ e ‘Labranza’ – TVG |
| Manuel | Gegúndez | Vaca Pinta |
| David | González | Campo Galego |
| Diego | Guerrero | ‘Cos pés na terra’ |
| Brais | Lorenzo | Fotoxornalista |
| Xosé Luís | Reza | Experto en marketing |
| Claudia | Morán | Proxecto ‘Habitar o baleiro’ |
| Marta | Veiga Izaguirre | Revista Luzes |
| Jose María | Vilabrille | El Progreso |
Novas relacionadas
Estratexias para un rural resiliente: expertos analizan en Galicia o futuro da xestión do territorio
Un proceso participativo en fasesAs mesas de traballo constitúen o núcleo deste proceso. En cada unha delas participarán arredor de 15 a 20 persoas expertas e representantes de dis…
