Mesas de traballo

Visión estratéxica do territorio rural

Cal é a visión estratéxica para o noso territorio e o modelo territorial obxectivo? Que queremos do territorio? Que facer coas terras que temos? Que funcións priorizamos e como encaixan coa resiliencia territorial: soberanía alimentaria, produción biomásica, paisaxe, biodiversidade, loita contra o cambio climático, enerxía?
+ info

Ordenación de usos e instrumentos de planificación no rural

Con que criterios deben ordenarse os usos agropecuarios e forestais? Que análise ou procedementos deben aplicarse? Que instrumentos son os acaídos? Como se poden mellorar? Que eivas normativas existen? Como se poden emendar? Que desenvolvementos positivos é preciso apoiar? Que prácticas é necesario evitar? Como se pode materializar a planificación integral do territorio rural? Que aspectos debería incluír esta planificación?
+ info

Mobilización e xestión activa do espazo agroforestal

Como dinamizamos a xestión activa do espazo agroforestal? Que accións son necesarias para dinamizar o acceso á terra? Que factores son críticos para a instalación de novas actividades agrogandeiras? Que instrumentos existentes se poden aplicar? Como se poden mellorar estes instrumentos? Que novos instrumentos se poderían desenvolver? Que experiencias inspiradoras hai? Que incentivos se poderían implantar?
+ info

Persoas, poboación e actividades no rural

Como atraemos e mantemos persoas que habiten e xestionen o territorio rural? Como impulsamos a remuda xeracional agrogandeira? Como abordamos as condicións necesasrias para atraer persoas e impulsar actividades de xestión activa do territorio rural (acceso á vivenda, mobilidade, servizos básicos…)? Qué actividades económicas poden contribuír ou son necesarias para a dinamización do territorio rural?
+ info

Gobernanza, cooperación público-privada para a ordenación territorial

Como se poden acada consensos e co-responsabilidades tanto do sector privado como do público, e da sociedade no seu conxunto, para acadar un territorio rural activo e resiliente? Como se poden superar os enfoques parciais e avanzar cara a co-creación de solucións? Que experiencias inspiradoras e modelos de cooperación existen ou poden implantarse?
+ info

Comunicación e
concienciación social

Cal é a percepción social das dinámicas e retos do territorio rural? Cal é o rol da comunicación na construción dun territorio rural resiliente? Como se pode aumentar a concienciación social sobre a necesidade dun territorio rural resiliente? Cal é a importancia do discurso e da percepción social? Cales son os retos percibidos?