Ordenación de usos e instrumentos de planificación no rural
Obxetivos da mesa
A ordenación dos usos agrogandeiros e forestais materialízase na práctica mediante un intrincado marco lexislativo, en moitas ocasións difícil de entender. A isto engádese a continuación modificación desta normativa, o que incrementa se cabe a complexidade da regulación e crea inestabilidade xurídica. A necesidade da ordenación dos usos agrarios e do territorio rural ten sido reclamada a través de diferentes iniciativas e recolleuse no ditame da comisión parlamentaria que estudou a vaga de lumes de 2017. Todas estas iniciativas recoñecen a importancia da planificación dos usos do solo rústico para proporcionar seguridade xurídica e incrementar a eficiencia e rendibilidade do desenvolvemento destas actividades, así como para permitir un territorio xestionado de forma activa e resiliente aos incendios.

Por todo o anterior, esta mesa de traballo debaterá e buscará respostas ás seguintes cuestións:
- Con que criterios deben ordenarse os usos agropecuarios e forestais?
- Que análise ou procedementos deben aplicarse?
- Que instrumentos son os acaídos? Como se poden mellorar?
- Que eivas normativas existen? Como se poden emendar?
- Que desenvolvementos positivos é preciso apoiar?
- Que prácticas é necesario evitar?
- Como se pode materializar a planificación integral do territorio rural? Que aspectos debería incluír esta planificación?
Documentos
Novas relacionadas
Expertos analizan en Lugo a ordenación de usos do territorio na segunda mesa do Foro Territorio Rural Resiliente
O encontro, celebrado no IBADER–Campus Terra, forma parte dun proceso impulsado desde a sociedade ci…
Estratexias para un rural resiliente: expertos analizan en Galicia o futuro da xestión do territorio
Un proceso participativo en fasesAs mesas de traballo constitúen o núcleo deste proceso. En cada unh…
