Comunicación e concienciación social
Obxetivos da mesa
A mesa ten como obxectivo reflexionar sobre o rol da comunicación na percepción social das dinámicas e retos territoriais, analizar os discursos existentes sobre o rural e as súas dimensións ambiental, social e económica, así como explorar como dende a comunicación se pode contribuír a unha visión máis consciente das escollas territoriais e o seu impacto no futuro da sociedade galega.

Por todo o anterior, esta mesa de traballo debaterá e buscará respostas ás seguintes cuestións:
- Cal é a percepción social das dinámicas e retos do territorio rural?
- Cal é o rol da comunicación na construción dun territorio rural resiliente?
- Como se pode aumentar a concienciación social sobre a necesidade dun territorio rural resiliente?
- Cal é a importancia do discurso e da percepción social? Cales son os retos percibidos?
Documentos
Novas relacionadas
Estratexias para un rural resiliente: expertos analizan en Galicia o futuro da xestión do territorio
Un proceso participativo en fasesAs mesas de traballo constitúen o núcleo deste proceso. En cada unh…
